4 feb 2014

NOVAS CICLOXÉNESES EXPLOSIVAS


As cicloxéneses explosivas Petra, Qumaira, Ruth e Stephanie deixanse notar esta semana por Camposancos.
(Actualizado..15h)



PB · MeteoGalicia · AMET / Camposancos


Stephanie deixouse notar máis que os outros temporais. As fortes rachas de vento partiron á metade grandes árbores e tiraron varias señais de tráfico e cartes de publicidade.



 Na noite do domingo, unha forte avaría deixou sen suministro eléctrico a Camposancos.





 (15:00h 10/02/14)

Esta mañá "Ruth" abandonaba Galicia e en Camposancos deixaba refachos de vento de 85km/h, según indican os datos que rexitrou a boia situada en A Guarda. As ondas, superando os 7m nalgúns intres, obrigou á Xunta de Galicia a activar o máximo aviso por fenómenos meteorolóxicos adversos.
Quizaes, os refachos de vento, e a forte corrente provocaron onte o afundimento dunha gamela na Armona (ver noticia..)
Par mañá domingo, a tempo continúa sen mellorar, pois a borrasca "Stephanie" tocará terra con ventos superiores a 70km/h, e ondas de ata 8 metros de altura.
 (16:00h 08/02/14)

Hove venres "Qumaira" despídese, pero á noitiña chega "Ruth". Continúan activadas as alertas laranxa por ondas de 5-7m, e amarela por refachos de vento de ata 80km/h.
Mañá sábado continuará activda a alerta amarela por refachos de vento (80km/h), pero a alerta laranxa no mar subirá a vermella, con ondas superiores ós 7m de altura.
Para domingo, volverá a entrar outro frente.
 (10:00h 07/02/14)


"Qumaira" está deixando fortes precipitacións acompañadas de refachos de vento que poden superar os 100km/h. Como consecuencia, están activadas as alertas laranxas e a Xunta de Galicia suspende as actividades extraescolares ó aire libre.
Esta mañá, Camposancos permaneceu sen suministro eléctrico durante media hora.
 (12:00h 06/02/14)

Hoxe mércores a cicloxénese explosiva "Petra" abandónanos, pero mañá cheragá a prufunda borrasca "Qumaira". Esta deixará activadas as alertas laranxas por tres fenómenos meteorolóxicos adversos: ondas, que poden superar os 7 metros; vento, con refachos de ata 100km/h; e vento no mar, ventos do sudoeste con forza 8-9.
E por se fora pouco, outra borrasca, chamada "Ruth", deixará a sua pegada una vez que "Qumaira" abandone Galicia.

Na praias do Muíño, Armona e Lamiña, as forches choivas deixaron a súa marcha.


(17:00h 05/02/14)

Para mañá mércores, está activada a alerta VERMELLA, por ondas que poden superar os 8m de altura, e AMARELA por vento no mar de forza 7.
O xoves, volve a alerta LARANXA por vento, ondas e vento no mar.
(21:15h 04/02/14)



As fortes rachas de vento obrigou á Policía Local a acordonar o parque infantil e a pista, prohibindo a sua entrada polo perigo do desprendemento da gran rede situada na pista afectada polo vento.

As precipitacións deixaron varios garaxes de vivendas particulares e fincas anegadas, e as estradas conducían toda a auga que baixaba do Trega ata o Río Miño.





(20:15h 04/02/14)


En terra está activada a alerta LARANXA por refachos de vento (rachas de 100km/h) e alerta AMARELA por precipitacións acumulada en 12h; e no mar tamén a alerta LARANXA, por aondas (5-6m de altura) e vento do suroeste de forza 8.
Esta noite a alerta laranxa de ondas pasará a VERMELLA por ondas de 8-9m de altura. Ás 15h de mañá mércores volvera a alerta LARANXA por ondas.
Xa, na xornada do xoves, volveranse a repetir as alertas LARANXAS, tanto por vento (100km/h) como por ondas (5-7m) e vento no mar do suroeste de forza 8-9.
(14:40h 04/02/14)



 

1 comentario:

t015 dijo...

Moy ben,un traballo exemplar