22 ago 2013

VI TORNEO DE VOLEI PRAIA



Os dias 31 de agosto e 1 de setembro disputase o VI Torneo de Volei Praia na Lamiña.




 Deporte A Guarda / Camposancos

O Volei Praia volve a ter o seu sitio na Praia da Lamiña o próximo Sábado 31 de Agosto e Domingo 1 de Setembro, nunha nova edición, e xa van seis, do Torneo "Despide o Verán".

Haberá un torneo masculino e outro mixto e poderán apuntarse todas aquelas parellas que o desexen, dende hoxe ata o próximo xoves 29 ás 14:00 no correo deporte@aguarda.es ou na oficina de deportes do Concello (entrando a man esquerda), indicando nome e apelidos, data de nacemento, DNI, teléfono de contacto e dirección de correo electrónico.





No hay comentarios: