31 jul 2013

MILLEIROS DE BIOSOPORTES NA PRAIA

Foto ANABAM


Reaparecen nas praias de Camposancos milleiros de biosoportes.




ANABAM / Camposancos

Moverse pola praia de Camposancos e atopar milleiros de pequenos plásticos como os que aparecen na fotografía non é tarefa complicada. Non obstante, debido ao seu pequeno tamaño, adoitan pasar desapercibidos para a maioría de usuarios, mais se un se senta na area non lle será difícil atopar algúns destes dispositivos nun área dun metro cadrado. Os primeiros biosoportes no areal citado foron atopados na limpeza da costa realizada na praia de Camposancos e guiada por ANABAM ao abeiro do proxecto TEAM-Miño o 28 de abril de 2013, na que participaron grupos familiares pertencentes ao Clube Peña Trevinca de Vigo. Daquela, aínda que chamou a atención de varios dos participantes, ninguén soubo que eran esas pequenas pezas plásticas que case se confundían coa cor da area da praia. Posteriormente (29/05/2013), noutra limpeza realizada, pero esta vez na zona das Eiras (concello do Rosal) con alumnos de diversificación de 3º da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier, tamén se localizou algún biosoporte. Finalmente, nunha actividade do Colexio dos PP. Somascos levada a cabo con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente (05/06/2013), se lles propuxo a un grupo de alumnos dese centro que trataran de buscar na area estas pequenas pezas de plásticos nun tramo do areal do Forte pertencente a praia de Camposancos. En pouco tempo foron localizadas e reunidas 451 pezas recollidas nun espazo duns 125 metros lineais.

...PERO, QUE SON ESTES DISPOSITIVOS?
PARA QUE SE UTILIZAN?
CANTAS PEZAS PODE HABER NO MIÑO?

Todas estas cuestións respondidas na páxina de ANABAM: (clicar aqui).

Foto: ANABAM

No hay comentarios: