19 nov 2012

P.E.S. DE ANABAM

© ANABAM


A especie Otanthus maritimus sae do Plan de Especial Seguimento de ANABAM.



ANABAM / Camposancos
A especie Otanthus maritimus é unha planta que ten o seu hábitat nos areais non urbanos, como sucede co da praia de Camposancos, único lugar do Baixo Miño onde se atopa esta especie.

Dende o ano 2001 ANABAM traballa na recuperación da mesma. Na actualidade, logo de efectuar a reintroducción da especie a partir dese ano, a Otanthus xa se reproduce por si soa ata o punto que neste ano 2012 existen máis de 200 plantóns, fundamentalmente na praia do Puntal, que é onde se atopa o groso da mesma.

ANABAM considera, en consecuencia, que esta planta deixa de estar ameazada superando en número aos exemplares adultos que crecían no areal de Camposancos e que había antes de 2001, cuxa poboación non superaba a ducia de pes. No obstante séguese mantendo unha atención especial para continuar vendo como se desenvolve nos vindeiros anos.

Que é o P.E.S.?

© ANABAM
© ANABAM
© ANABAM


No hay comentarios: