20 nov 2012

G.D. MIÑO: OSCAR

© MinhoBirras


Entrevista a Óscar Rodríguez, nova fichaxe desta tempada do Gimnástico Deportivo Miño.







MinhoBirras / G.D. Miño
Nova entrega das entrevistas ó plantel do G.D. Miño por parte da afección. Turno para Óscar Rodríguez, unha nova incorporación nesta tempada 12/13.


Equipo favorito?
Barcelona de toda a vida, dende pequeniño.

Ídolos no fútbol?
Pois Puyol, dende sempre pareceume impresionante o que é, e o que será, e como é. Logo outros defensas como David Luiz.

Ó marxen do fútbol, cáles son as tuas afeccións?
Encantanme os deportes: buceo, bici e fotorafía..; tamén estar cos amigos e festa, moita festaaaaaa.

Copa preferida? Vaso de tubo ou ancho?
Vaso ancho e Bombay Shapphire.

Clubs onde xogaches dende neno ata o teu último equipo e tempadas neles?
Pois dende os 6 aniños comencéi na UD A Guía ata cadetes que fun para o Guardés aínda que no primeiro ano non xogaba moito polo equipo e me dixeran de ir para o Miño, pero seguín no Guardés 2 anos de cadete e 3 de xuvenís e agora comezo no GD Miño.

Que adestradores e compañeiros destacarías na túa carreira deportiva que coincidiran contigo?
Pois a Nito que foi o meu primeiro adestrador nos meus inicios do fútbol. Logo con Toñete aprendín moito e con Tino tamén, e Tolín foron moitas risas, pero quedome con Toñete e como xogador, xoguei con moita xente pero quedome con Cristian, Malote, Tucho eran uns animais.

Qué momentos gardas con mais agarimo no GD Miño (levas pouco) podes falar como aficionado tamen se queres?
Pois co Miño eses primeiros minutos ca camiseta do Miño, que sempre é especial e logo momentos co Miño pois en Navia coa autoexpulsión que provoquei que foron unhas risas e a grada a gritarme, estivo xenial.

A parte da Sangriña, algún outro campo, no que che guste xogar?
Pois o campo de Areas de herba natural e as instalacións da Madroa que son impresionantes.

Define as túas características como futbolista.
Pois antes aínda podía decir algo, pero agora non moito, fago o que podo. Vou ben de cabeza e ó corte.

Cómo ves esta tempada e obxetivos?
Pois o vexo moi ben, hai un bó ambiente no equipo, e temos un equipo moi bó con moitas posibilidades de ascender, a ver que pasa.

Onte disputaches o teu primeiro partido como titular, sorprendeuche?
Bueno, non moito xa contaba con ter máis minutos cas baixas que había.

Algún futbolista do Miño que che estea a sorprender?
Pazos, Nico e Macano.

Qué se sinte ó ver tanta xente detrás vosa acudindo á Sangriña ou fóra a ver ós partidos do GD Miño?
Pois que é impresionante toda a xente que anima e vai os partidos, e que animar, apoia moito ó equipo e intimida moito os rivais.

Qué opinión tes de MinhoBirras e afición en xeral?
Sen palabras, e cada vez son máis. De ser 8 ou 9 agora son 50, 60… a animar.

Algún momento especial da afición?
Cando hai follón ou risas na grada.

Invitaras pasteis un dia?
Pode ser que algún día leve pasteis…pode ser jajajajaja.

Alguén a quen dedicarlle uhnas palabras? 
Barra libre….Decirlle a todos os afecionados e xogadores que gracias por animar e apoiar, e a Tolin por todo o que fae, e que sigamos cara diante que isto vai ben.

No hay comentarios: