14 nov 2012

G.D. MIÑO: PAZOS


Entrevista a Alejandro Pazos, porteiro do Gimnástico Deportivo Miño.



MinhoBirras / G.D. Miño
Nova entrega das entrevistas ó plantel do G.D. Miño por parte da afección. Turno para Alejandro Pazos, o porteiro do Miño.


Hoxe temos a honra de entrevistar a toda una celebridade no noso club: ALEJANDRO PAZOS, o noso porteiro e un dos capitáns.
Grazas por adicar uns minutos nesta sinxela entrevista, para toda a xente do GD Miño, que servirá para acercar e coñecer máis ós nosos xogadores a través desta iniciativa:
 

Equipo favorito de neno?
Sempre fun e sempre serei do REAL MADRID

Ídolos no fútbol cando eras neno?
Sempre gustoume moito Peter Schmeichel, gran porteiro do Manchester United, e Oliver Khan, ainda que deste non gardo moi bos recordos, porque sempre lle paraba todo o Madrid.

Clubs onde xogaches dende neno ata o teu último equipo e tempadas neles?
De neno xoguei na Guía, e cando acabei cos infantis, xa me víu Valentin a buscar para que fora xogar co Miño de cadetes a fase final da Copa Diputación.

Cómo porteiro que eres, alguna porteiro referente para ti?
Os mencionados: Schmeichel e Khan, pero como non, o porteiro de referencia para min e Iker Casillas.

Ó marxen do fútbol, cáles son as tuas afeccións?
Gustame moito xogar o tenis e o volleyball e tamen quedar cos amigos para tomar unhas cañas …

Que adestradores e compañeiros destacarías na túa carreira deportiva que coincidiran contigo?
Buuuff! isto e moi complicado,como adestrador quedome con valentin sen lugar a dudas,pero escoller compañeiros xa e mais dificil,porque sempre me levei ben con todos e cada un dos meus compañeiros,pero destacaria a: Macka, Pepinho e Adrián, e tampouco me quero esquecer de Fonsi, que aínda que xa non este botaselle moito de menos, pero o dito todos os meus compañeiros son mmoi importantes para min,porque somos todos como unha gran familia.

Qué momentos gardas con mais agarimo no GD Miño?
Buffff sen duda os 2 titulos de copa deputacion conseguidos en coia,e tamen o titulo de liga conseguido en cadetes, aínda que tamen me tocou perder dúas finais e vivir un descenso como xogador miñota.

Define as túas características como futbolista?
Bufff antes podia ser un porteiro moi completo,e destacaba en todas as facetas como porteiro ,pero co paso dos anos boteime a perder, e agora solo me queda o xogo cos pes e os reflexos, que ainda os manteño intactos....jajajajaja

Cómo ves esta tempada?
Esta tempada personalmente estame a sorprender moito o equipo, eu pensei que iamos a notar as baixas dos xogadores que deixaron o equipo, pero nada diso, a xente nova esta moi comprometida co equipo, e iso notase nos entrenos, onde antes iamos 7 ou 8 persoas, este ano temos ido unha media de 15 xogadores como minimo, oxala todo siga asi se todo continua como ata agora, vexo o equipo con moitas posibilidades de lograr o ascenso.

Copa preferida? Vaso de tubo ou ancho?
Sen duda caso ancho de jhonny walker con cocacola.

Futbolista actual do Miño, que sea un líder de festa?
Bufff esto tamen e moi difícil de responder, porque todos somos moi festeiros no equipo (Denis, Nico, Pitu, Victor...............)

Algún futbolista que che estea a sorprender?
Personalmente estanme a sorprender dous por riba dos demais, o 11 é Nico, que este ano esta nunha forma increible, e esta adestrando un montón e iso notase no campo, e o outro e Denis sen lugar a dudas, sen ser central esta facendo un auténtico temporadon, pero en xeral o equipo esta moi forte en todas as posicións.

Qué se sinte ó ver tanta xente detrás vosa acudindo á Sangriña ou fóra a ver ós partidos do GD Miño?
Para nós é un orgullo ver coma a xente esta detras do equipo, e se despraza para apoiarnos sexa o campo que sexa, tamén e unha motivacion extra pra os xogadores, e en algunhas ocasións unha presión extra que fai co equipo teña que dar o 100 x 100.

Qué opinión tes de MinhoBirras e afición en xeral?
A min encante sair o campo e ver como a afecion e os amigos corean o teu nome e o nome do club donde xogas,e unha situacion que non se pode explicar

Algún momento especial da afición?
Sen lugar a duda a cea do ano pasado na estación de buses, foi espectacular, a min encantoume, e logo os dous partidos contra o Caldelas,tanto o do ano pasado como o deste ano, foron espectaculares.

Alguén a quen dedicarlle unas palabras?
Non quero ser repetitivo,pero agradecer a Tolín o que está facendo polo Miño e polos MinhoBirras, se non fora por él nada disto seria posible,e o resto de afecionados, seguir animandovos a que veñades a animar o equipo!!!

UN SAÚDO DO VOSO CRONISTA
¡¡¡¡SEMPRE MIÑO E SEMPRE MINHOBIRRAS!!!!!!


No hay comentarios: