13 nov 2012

G.D. MIÑO 2 - 2 S.D. MOSENDE


Gimnástico Deportivo Miño 2 - 2 Sociedade Deportiva Mosende.





PB · MinhoBirras / A Guarda
Partido  correspondente  á  9º  xornada  da  Terceira  Autonómica  grupo 18º disputado o domingo 11 de novembro no Estadio Municipal da Sangriña.

Na primeira parte, un dominio do partido por parte do Miño comezaba apartir do min 12, cando unha falta sobre Macano convertíase nun gol de Nico. Nos últimos miutos, os ataques perigosos do equipo visitante, provocados por varios despistes do equipo local, eran fallidos ao achegarse á porteria.
Nada máis comezar a segunda parte, o dominio por parte do Mosende e un errro defensivo miñota, puxo o empate no marcador. Segundo o transcurso do partido, ambos equipos achegábanse á porteria con claras ocasións. No 67', outro gol do Mosende dáballe a volta ó marcador, chegando o 1-2. Dende a metade da segunda, o encontro marcouse por unha alta tensión tanto no campo coma na grada, provocado por un xogador do equipo visitate, o cal o árbitro expulsouno cunha tarxeta vermella, quedando o Mosende con un xogador menos. Esta ocasión, foi ben aproveitada polo Miño, que se veu arriba e logrou empatar o partido (2-2). Contra o remate do encontro, volveu a tensión, pero esta vez por duas clarísimas ocasión para o equipo local.

Clasificación:
1º - Oiense C.F. 21pts.
2º - Descanso Sampaio 19pts.
3º - G.D. Miño 17pts.



No hay comentarios: