31 oct 2012

G.D. MIÑO: MACKA


Entrevista a Macka, capitán do Gimnástico Deportivo Miño.




MinhoBirras / G.D. Miño

Unha nova iniciativa dos afeccionados do G.D. Miño, os MinhoBirras, é de ter unha nova sección de entrevistas ós xogadores do equipo. Esta semana inaugurouse co capitán do equipo, con Macka:

Boas Macka, grazas por adicar uns minutos nesta sinxela entrevista, para toda a xente do G.D. Miño.
Tes a honra como capitán de inaugurar este Test/Entrevista para MinhoBirras, unha nova sección, que servirá para acercar e coñecer máis ós nosos xogadores a través desta iniciativa:
Equipo favorito de neno?
Desde ben pequeno o equipo que sempre me tirou foi o Barcelona, seguramente por levar a contraria a miña familia, onde todos eran do Madrid ;) Inda que tamen o Celta sempre foi un equipo o que seguin e sigo.

Ídolos no fútbol cando eras neno?
O gran Paolo Maldini, Pep Guardiola e o Zar Mostovoi.

Clubs onde xogaches dende neno ata o teu último equipo e tempadas neles.
Empecei xogando no Mougás uns 3 anos, logo ó cumplir a idade e ter que dar o salto a Cadetes fun xunta con varios compañeiros para o Ribera, inda que non cheguei a xogar partido oficial, solo 3-4 partidos de pretemporada e logo deixeino polo problema de ter que vir desde Mougás a entrenar o Rosal. Ese ano non xoguei, e foi no verán seguinte cando Pazos me animou a fichar polo Miño, e aquí sigo 14 anos despois.

Que adestradores e compañeiros destacarías na túa carreira deportiva que coincidiran contigo?
Sen duda o entrenador que máis me marcou foi Valentin... por varios motivos, entre eles o máis importante, o de ir a buscarme cada día de entrenamento a Mougás, e levarme o rematar... así durante 3 temporadas... iso non o fai calquera. Pero tamén non podo olvidarme de dous grandes entrenadores que tamen me ensinaron moito, Nando e Carlos.
En canto a compañeiros, buuf...! poderiate decir moitos, cada un coas suas historias, pero quizais destacaria a Jorge e Yago (actualmente no Ribera), Marcos (Bogavante), Tico, Luqui e Toñi(Retirados) por como me trataron no meu primer ano en Seniors, sendo moi protectores conmigo sendo inda un crio que xogaba contra xente de 25-30 anos

Qué momentos gardas con mais agarimo no GD Miño?
O Miño sempre foi como unha gran familia... non sabria explicar o sentimento que me produce a palabra Miño, foron moitos moitos os bos momentos que pasei neste Club... pero destacaría a Liga Conseguida en Cadetes na ultima xornada... chegabamos 1 punto por diante do Erizana (42-41), pero na ultima xornada nos descansabamos e eles xogaban en Nigran contra o Priegue, apriori rival sinxelo, polo que unha victoria darialle a liga a eles... pero ese dia fomos case todo o equipo a animar como locos o Priegue, aquela grada era unha locura. Empezara ganando o Erizana 0-1, pero os locales darianlle a volta o marcador pondose 2-1. Logo volverian os de Baiona a reaccionar e puñanse 2-3 a falta de poucos minutos... e no desconto PENALTI A FAVOR DO PRIEGUE...baixamos da grada, corremos detras da porteria en masa e intentamos por nervioso o porteiro... lanza o Priegue e GOOOL 3-3!!! Remata o encontro eo Miño e CAMPION POR GOL AVERAGE! Foi INCREIBLE.
Logo non me olvidarei das duas finales de Copa Diputacion que xoguei, ganando 1 fronte o Caselas e perdendo outra fronte o Ureca.
E os 3ascensos conseguidos... son o unico que ascendin nas 3categorias (Cadetes,Xuvenis e Senior)

Define as túas características como futbolista.
Velocidade, pouco mais podo por...jajaja

Ó marxen do fútbol, cáles son as tuas afeccións?
O balonmano sigoo bastante, non o xogo pero gustame miralo, futbolsala, tennis...

Copa preferida, ¿Vaso de tubo ou ancho?
De tubo, e Vodka con naranja.

Qué se sinte ó ver tanta xente detrás vosa acudindo á Sangriña ou fóra a ver os partidos do GD Miño?
A verdad que me enche de orgullo ver que domingo tras domingo, sempre hai xente detras animando...o dos partidos na casa xa e acojonante,cada equipo que pasa pola Sangriña queda alucinado. Na 3º Rexional o normal e ir por ahi e que na grada esten os 4 velliños de turno pasando o domingo e pouco mais...e logo chegas a Sangriña e ves todo iso... pon os pelos de punta!

Qué opinión tes de MinhoBirras e afición en xeral?
Acórdome fai 5 aniños, cando naceu MinhoBirras e eran 7-8 e mira ahora o que creceu todo isto... con camisetas, polo,bufandas... somos a envexa do resto de equipos...Vos facedes moitas veces animando como animades que nos (o equipo) se veña arriba en momentos criticos no partido...sodes unicos.

Algún momento especial da afición?
Hai un partido que me lembro perfectamente e para min foi dos partidos que máis se animou e máis se estallou de alegría. Foi a temporada pasada, fronte o Caldelas, cando nos últimos minutos remontouse aquel encontro, marcando Pitu o 2-1 no desconto con dous xogadores menos, nos que fixo que a grada baixara a pe de campo a abrazarse cos xogadores...foi o mellor!!

¿Alguén a quen dedicarlle unas palabras?
Gustariame destacar a figura de Antolin... sen el seguro que MinhoBirras non seria o mesmo...é máis, NON EXISTIRIA. Non sei se sabendes e valorandes todo o tempo que lle adica Tolin ós MinhoBirras: que si polos, que si camisetas, bufandas, pancarta...todo o fai el sen axuda de nadie e iso que vive en Vigo e traballa, pero sempre ten un hueco po Miño. Algún pensará que iso non é nada, pero hai que porse a facelo... GRANDE TOLIN!!

Grazas por compartir as túas vivencias. FORZA MIÑO

Macka, 4º comezando pola esquerda superior.
 


No hay comentarios: