29 oct. 2012

G.D. MIÑO 2 - 1 CALDELAS C.F.


Gimnástico Deportivo Miño 2 - 1 Caldelas Club de Fútbol.





PB · MinhoBirras / A Guarda
Partido  correspondente  á  7º  xornada  da  Terceira  Autonómica  grupo 18º disputado o domingo 28 de outubro no Estadio Municipal da Sangriña.
O partido mántivose nos primeiros 40 minutos sen nada destacable, poucas ocasións para ambos equipos. Rematando a primeira parte, un gol por parte do Caldelas nun tiro de falta colocou o marcador a favor do equipo visitante.
Na segunda parte, as ocasións de gol foron desbotadas por ambos porteiros coas suas espléndidas paradas. Chegaba o 68', cando unha falta a favor do Miño convertíase nun gol de Nico. Tres minutos máis tarde, chegaba o segundo tanto para o equipo miñota, nun espetácular ataque na que interviñeron Pachu e Macano, sendo este último o autor do tanto. Nos últimos minutos do encontro, co 2-1 no marcador, os afeccionados MinhoBirras apoiaron, a pesar do frío, imparablemente ó equipo local.
Dous partidos perdidos, un empatado e catro grañados, é o balance ata a 7º xornada do Gimnástico Deportivo Miño. Esta vitoria provoca a primeira derrota do Caldelas, equipo que lideraba o grupo.

Clasificación:
1º - Descanso Sampaio 15pts.
2º - Oiense C.F. 15pts.
3º - C.D. Moledo 14pts.
------
6º - G.D. Miño 13pts.


No hay comentarios: