6 jul 2012

PROXECTO SOCHEO

"La hora bruja" (1985) na Armona - Proxecto Socheo.

Proxecto Socheo / Camposancos
 Fragmento de "La hora bruja" (1985), de Jaime de Armiñán. Secuencia dunha das rodaxes de películas máis lembradas na Guarda onde se enfrentan o talento interpretativo de dúas da máis importantes actrices de España: Concha Velasco e Victoria Abril. Este duelo interpretativo acontece en Camposancos, concretamente na zona de praia que hai perto da Armona. Na secuencia vemos unha importante duga onde se pode ver o arenal camposino, o río Miño, o pinar e a praia de Camarido e a Ínsua.


PROXECTO SOCHEO é un intento imposible de minguar o esquecemento que produce o paso do tempo na Guarda. Por medio desta canle preténdese xuntar nunha mesma plataforma todas aquelas imaxes audiovisuais que supoñan un reforzo considerable para evitar a fraxilidade da memoria. Vivimos en tempos onde se desbotan unha chea de material audiovisual e aquí pretendemos xuntalas para que reforcen o patrimonio da Guarda. Unha maneira de repensar o pasado, facelo presente e redimensionalo para o futuro.
A intención deste proxecto é convidar a todo o mundo que posúa imaxes da Guarda e das súas xentes para que amose os seus arquivos e engrose este proxecto común. Se che interesa colaborar ponte en contacto en: proxectosocheo@gmail.com

Proxecto Socheo tamén quere ser o punto de arranque para que as institucións pertinentes deseñen e creen o Arquivo da Imaxe da Guarda.

Dirección: XURXO GONZÁLEZ
Produción: BELI MARTÍNEZ
Historiador: GUSTAVO GONZÁLEZ
Técnico: DANIEL GONZÁLEZ
Comunicación: LUÍS CIVIDANES

No hay comentarios: