31 may 2012

PECHADOS NO IES A SANGRIÑA

Pais e nais, estudantes e docentes pecháronse no Instituto.

PB - Galiciasuroeste / A Guarda
Pais e nais, estudantes e docentes iniciaron onte á tarde, no Instituto de Educación Secundaria da Sangriña na Guarda un peche promovido pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que terá continuidade noutros centros educativos.

Marta Dacosta, portavoz da CIG-Ensino no Baixo Miño, sinalou que este peche forma parte dun calendario de mobilizacións co que a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público esixe da Consellaría de Educación que non aplique en Galicia ningún dos recortes que recolle RD Lei 14/2012 e que o recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta de Galicia. Ademais lembrou que a Plataforma Galega convoca a toda a comunidade educativa a participar na manifestación que se celebrará este domingo 3 de xuño en Compostela, para reclamar que non se produzan máis recortes en educación.



 

No hay comentarios: