A asociación Os Amigos, coa colaboración da Entidade Local Menor de Camposancos, organizaron este sábado a tradicional mariscada que se ven celebrando dende fai uns anos. Sobre ás 16:00h empezaban a achegarse veciños e veciñas para participar nos torneos dos xogos populares, e, ó rematar, participar na mariscada.
Argumento pola asociación:
Celebróuse o pasado sábado día 10 de Septembro a xa tradicional mariscada organizada pola sociedade coa inestimable colaboración da Entidade Local Menor de Camposancos.
Os traballos comenzaron o venres coa preparación no baixo da sociedade de tódolos elementos necesarios pra actividade. Tamén se preparou unha paella de degustación da que tódolos presentes deron conta e aprobación.
As 4 da tarde xa habñia xente no torreiro practicando cos zancos, os pions, aro, corda e tirabolas.
O primeiro torneo que se celebrou (e o que contou con mais participantes) foi o de tirabolas no que se vai notando o paso dos anos e a práctica que van collendo os participantes, sendo necesarias nesta ocasión tres rondas de desempates pra que, finalmente, Elías fora o vencedor.
A continuación fóronse celebrando os distintos xogos: pañuelo infantil e senior, zancos, onde os gañadores foron pai e fillo (o que non sae a raza,…), corda,….
Unha vez rematados os xogos comenzou a “paparota” e o sorteo de agasallos.
Agradecer dende aqui a participación de todos e, novamente, a colaboración da Entidade Local Menor de Camposancos.
Fotos da asociación:
-Preparativos.
-A festa.
PB/Asociación Os Amigos
No hay comentarios:
Publicar un comentario