30 jul 2010

XIX Concurso de Figuras de Area 2010.


Como tódolos anos vaise a celebrar este domingo na praia do Muíño da Guarda, o concurso de figuras de area que este ano cumpre a súa XIX edición.

Todos os rapaces en idade de 3 a 16 anos que desexen participar, poderán facer a súa inscrición a partir das 11 da mañá na carpa que se instalará na praia do Muíño para tal efecto.

Ás 12 empezará o concurso, que se prolongará ata a 13 horas, e ás 13.30 horas procederase á entrega de premios.

O xurado determinará un 1º e un 2º premio por cada categoría, dotado cun vale de compra nas librerías da Guarda. Así mesmo repartirase un xeado e un pequeno agasallo entre tódolos participantes.

As categorías para participar son as seguintes:Categoría vermella ( 3-5 anos); Categoría gris (6-9 anos); Categoría amarela (10-12 anos); Categoría azul (13-16 anos); Categoría verde (por grupos de 3-16 anos. Máximo 4 participantes) e Categoría especial.

No hay comentarios: