![]() |
Praia do Muíño / Arquivo |
A Bandeira Azul volverá un verán máis a ondear na praia do Muíño.
A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) e a rama española da Federación europea de Educación Ambiental
(FEE) deron a coñecer nestes días o listado de todas as bandeiras azuis concedidas ás praias do territorio español para a tempada de verán deste ano 2018. Desas 696 bandeiras, 109 para Galicia, unha delas vaise por oitavo ano consecutivo para Camposancos.
Este distintivo entregada ás praias e portos, deben cumprir unha serie de condicións ambientais e instalacións, destacando entre estes ás normas de calidade da auga, a seguridade, a prestación de servizos xerais e de ordenación do medio ambiente.
Este distintivo entregada ás praias e portos, deben cumprir unha serie de condicións ambientais e instalacións, destacando entre estes ás normas de calidade da auga, a seguridade, a prestación de servizos xerais e de ordenación do medio ambiente.
Outros galardóns
No ano 2015, o areal camposino recibía a bandeira "Ecoplaya", outorgado pola Asociación Técnica para la Gestión de Residuos, Aseo Urbano y Medioambiente (ATEGRUS). Este distintivo certifica a súa calidade dende un punto de vista ambiental, premiando a limpeza manual, que axuda a conservar o ecosistema do areal.
Outro galardón, o Sendeiro Azul, que concede a ADEAC, inclue un ano máis a senda litoral que une a desembocadura do Río Miño ata o Porto de A Guarda.
Por último, e non menos importante, o distintivo de calidade SICTED tamén está ligado a este enclave natural de Camposancos.
![]() |
Fotografías: Brais Martínez / Arquivo |
No hay comentarios:
Publicar un comentario