![]() |
Os servizos de emerxencia no lugar / BM |
Dúas persoas feridas tras unha caída de moto en Camposancos.
Dúas persoas resultaron feridas esta mañá tras unha caída na motocicleta na que viaxaban. Unha chamada ó 112 Galicia ás 12:38h, mobilizou ós equipos de emerxencia que se trasladaron ata o punto do accidente na circunvalación ó Monte Trega, a altura da Catanga.
O GES de A Guarda, Garda Civil e Policía Local de A Guarda xunto ós médicos do PAC de A Guarda atenderon ós feridos no lugar dos feitos, ata a chegada da ambulancia do 061 para o seu traslado.
A circulación na estrada non se veu afectado en ningún momento.
![]() |
Os servizos de emerxencia no lugar / BraisMartinez.es |
No hay comentarios:
Publicar un comentario