![]() |
Momento da actuación / BM |
O pasado sábado a Casa Cultural da Comunidade de Montes de
Camposancos acollía o concerto do grupo de Saxos da Agrupación Musical de O
Rosal. Baixo a dirección de Javier Comesaña, un total de 9 alumnos e alumnas
integrantes da agrupación, deleitaron esta velada a todos os asistente cun
percorrido pola historia da música.
O concerto comezaba na Idade Media con Nobilis, humilis…,
pasando polo Renacemento, seguido do Barroco, continuando coa obra Pequeña
serenata nocturna de Mozart no Clasicismo, e chegando ó remate do mesmo ós S.XIX e XX, pechandoo co solo de barítono coa obra Pimpin’ de Jacob T.V., do S.XXI.
Antes de finalizar o evento, Javi destacaba que a maior
parte das partituras eran adaptacións de frauta xa que o saxofón trátase dun instrumento relativamente novo porque non existiu ata o S.XIX.
![]() |
Imaxes: Brais Martínez.es |
No hay comentarios:
Publicar un comentario