![]() |
Rodaxe en Camposancos / Arquivo |
Camposancos será un dos protagonistas no Museo de Arte Contemporánea de Segovia co documental "15 Pesetas por Frete".
O documental 15 Pesetas por Frete foi selecionado na Mostra de Cine Europeo Cidade de Segovia (MUCES), esta XI edición deste festival celebrarase dende o 16 ata 22 de novembro de 2016. O pobo Camposino xunto coa súa xente que participou neste documental, serán protagonistas no Museo Este de Arte Contemporánea Esteban Vicente de Segovia o domingo 20 coa proxecion do documental ás 18h da tarde.
Tralo éxito acadado no estreo deste doumental en Camposancos, todo o equipo técnico amosasé moi satisfeito e contento de que este traballo fora selecionado neste festival.
MUCES

Á súa vez, esta Mostra de Cine organiza numerosos eventos culturales de gran nivel, como concursos de guións, numerosos talleres, exposicións, conferencias, concertos, homenaxes, etc que teñen como denominador común o cine en xeral e o cine europeo en particular.
Ademais, este ano a Seción Oficial do MUCES terá o privilexio de contar, por cuarto ano consecutivo, co Premio LUX -o recoñecido galardón cinematográfico do Parlamento Europeo-. MUCES é o primeiro festival en Europa que ofreza as dez longametraxes inicialmente seleccionadas para competir polo Lux. Tamén, celebrarase o coloquio “A propósito del cine europeo”, retransmitido por RNE, que contará coa presencia de importantes cineastas.
Formarán parte da 11ª edición do MUCES as súas atractivas seccións: “Lo nunca visto”, con sete filmes non estreados comercialmente en España ou con estrenos efímeros, como La joven Sophie Bell, de Amanda Adolfsson; La venganza de una mujer, de Rita Azevedo; a premiadísima Soul at Peace (Pokoj v dusi, 2009), de Vladimír Balko, ou os máis asombrosos cortos eslovacos de animación para adultos, donde MUCES quere mostrar a orixinalidade e potencia dos filmes realizados polos maestros da animación eslovaca. “Cine documental”, con 16 cintas, entre elas, Club de Reyes, de Andrea Barrionuevo; Flamencas, de Marcos Media e Jonathan González; La Décadence, de Augusto Martínez Torres; Melchor Rodríguez, el ángel rojo, o documental de Alfonso Domingo sobre o Schindler español; ou Cantos y crónicas de una barriada olvidada, de Marcos Macarro Sender e o documental 15 Pesetas por Frete. “Una de las nuestras”, unha sección cunha selección de 6 das películas españolas máis interesantes dos últimos meses; e “Rodada en Segovia”, con obras que fixeron de Segovia unha cidade “de cine” para o cine.
O certame ten dende o seu nacemento unha dimension internacional e este ano 2016 chega a súa XI edición, que se desenvolverá do 16 ó 22 de novembro, nas numerosas sedes de Segovia.
Enlaces de interés:
-PROGRAMA 2016
-SECIÓN CINE DOCUMETAL 2016
-MAPA E SEDES 2016
-PÁXINA WEB
15 PESETAS POR FRETE, 2016
Directora: Estefanía Alonso.
Produción: Lara Campañó; Montador: Fernando Lozano; Imaxe: Brais Martínez, Jennifer Vilariño, Lorena Poza, Blanca Cebrián; Vestiario: Blanca Lamas; Caracterización: Blanca Lamas, Esther Conde; Son: Ángel Iglesias, Santiago Fernández, Francisco Filgueira; Música: Andrés Álvarez.
Sinopse: 15 Pesetas por Frete mostra cómo se vivía o contrabando na época de posguerra no Baixo Río Miño, na zona de Camposancos.
15 Pesetas por Frete é o proxecto de final de curso de 12 alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo.
Este documental nace baixo a dirección de Estefanía Alonso, procedente do propio pobo, quen viviu rodeada de historias sobre o contrabando toda a súa vida.
Tráiler:
...
No hay comentarios:
Publicar un comentario