6 oct 2016

POLÍTICA


O BNG solicita no Pleno Municipal da Guarda arranxos no barrio se Saá en Camposancos.


Merchi Martínez, concelleira do BNG na Guarda e vogal na Entidade Local Menor de Camposancos, ven de solicitar diferentes arranxos no barrio de Saá.

"Tras ser convocada por varios veciños e veciñas polo descontento que hai entre eles, dada a situación de abandono pola que está pasando o barrio, dende o BNG solicitamos ditos arranxos na Entidade Local Menor, xa hai un mes, sin obter éxito”, comenta Merchi Martínez.

Ante o pasotismo e deixadez do Presidente da Entidade Menor de Camposancos gobernada polo PSOE, o BNG elevou as queixas ao pleno da Guarda o pasado 30 de setembro.

Entre os arranxos, está a excavación que hai no firme de dito barrio, verteduras de auga cara ás leiras e imposibilita o acceso ás mesmas, toma de medidas polo estreito da rúa que ten levado ao bloqueo de coches, arranxos de muros propiedade do concello, así como a limpeza da fonte do Aloque e o camiño de acceso á Sangriña, percorrido de tantos pelegríns que pasan a diario por alí, ...

Dende o BNG solicitamos ao Alcalde da Guarda do PSOE que inste ao Presidente da Entidade de Camposancos, tamén do PSOE, a atender aos veciños e veciñas de Saá, dado a actitude incomprensíbel do Presidente.

No hay comentarios: