Desembocadura dente o Trega / BM |
O Monte Santa Trega recibiu máis de 100.000 visitas este verán.
Ó igual que ocorreu o ano anterior, os datos recollidos nos puntos máis turísticos da xeografía corroboran a tendencia á alza que está conseguir o turismo en todo o Concello de A Guarda.
O Monte Santa Trega, un dos lugares que máis turistas atrae de toda Galicia, recibiu nos meses de xuño, xullo e agosto deste ano 2016 a máis de 100.000 persoas. Trátase dunha cifra récord, con 9.000 persoas máis que na mesma tempada do ano anterior, o que supón un incremento do 10%.
O mes máis destacado foi o mes de agosto, durante o cal subiron ó Monte de Santa Trega máis de 50.000 persoas.
Estes datos positivos tamén se reflicten nas visitas ó MASAT, o Museo Arqueolóxico de Santa Trega. Preto de 30.000 persoas accederon ó Museo do Monte Santa Trega neses tres meses.
Fotos: Brais Martínez.es |
No hay comentarios:
Publicar un comentario