6 sept. 2016

DOCUMENTAL



Este sábado estréase en Camposancos o documental de Estefanía Alonso “15 Pesetas por Frete”.






Dentro da programación do ciclo “Camposancos de Cine”, o pobo de Camposancos acollerá a estrea do documental “15 Pesetas por Frete”. A cita será este sábado, 10 de setembro, no local da asociación Os Amigos a partir das 21h da noite, e a entrada será totalmente de balde.

Con motivo do proxecto de final de ciclo, un grupo de doce alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo aventurouse a mostrar cómo se vivía o contrabando na época de posguerra no Baixo Río Miño, máis concretamente na zona de Camposancos.

O documental nace baixo a dirección de Estefanía Alonso, procedente do propio pobo, quen viviu rodeada de historias sobre o contrabando toda a súa vida. De ahí o título do documental, “15 Pesetas por Frete”, cantidade que lle pagaban ao seu avó.

Este proxecto nace en outubro de 2015 e comeza pouco despois coa grabación dunha serie de entrevistas a diferentes personalidades relacionadas co pobo e a súa historia. Puntos de vista moi diferentes móstrannos como se vivía o contrabando daquela época. Para acompañar a estas entrevistas grabáronse na zona de A Pasaxe e A Lamiña unha serie de recreacións. A xente do pobo involucrouse co audiovisual para vestirse tanto de arraianas como de freteiros e así mostrar a súa historia ao mundo. Unha persecución, unha cola de racionamento ou un desembarco son algunhas das ficcións que poderemos ver neste documental.

Este evento está organizado conxuntamente pola Entidade Local Menor de Camposancos, a asociación Os Amigos e a Comunidade de Montes de Camposancos.

Tráiler:




RELACIONADO:
-Nani Matos abre o Iº Ciclo de Cine coa sua curta "Lurna".
-"15 Pesetas por Frete", "Lurna" e "Jeanette" estréanse en Camposancos.

 

No hay comentarios: