26 ago 2016

CATA DE VIÑOS

Piño Gómez / BraisMartinez.es


Piño Gómez impartiu un curso de iniciación de viños en Camposancos.




O pasado xoves,  a Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos acolleu un curso de iniciación ó mundo dos viños. Dirixida por Piño Gómez, experto en materia, a cata estivo dividida en duas partes. Na primeira, que consisitia nunha pequena clase de iniciación onde se explicaban todos os conceptos acerca dos viños, as formas de tratar ou mesmo de como pedir un viño nun restaurante. A segunda parte, a máis participatipa por parte dos asistentes, prodeceuse a cata a cegas de viños brancos Monovarietales de distintas zonas de España.

Fotografías: BraisMartínez.es