![]() |
Freitas o pasado luns /cedida |
Camposancos celebrou o Dia das Letras Galegas.
A Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos acolleu a celebración do Día das Letras Galegas. Este ano, homenaxeando a Manuel María, os eventos desenvolvéronse en dous días.
José Manuel Domínguez era o encargado o pasado luns, de abrir unha serie de actos na casa cultural coa lectura da vida e de varias obras de Manuel María, para acto seguido dar comezo a representación teatral da obra "Xan das Trocas", do grupo O Cabezón. Seguidamente, e finalizar, o numeroso publico contou cun concerto de acordeóns.
Para rematar, o martes 17, Día das Letras Galegas, unha clase gratuita de zumba ó ritmo de música galega.
Fotografías: Comunidade de Montes de Camposancos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario