5 mar 2016

OBRAS NO CODESAL

Actual estado do Codesal / B.M.

Estudan a rehabilitación medioambiental e paisaxística do Campo do Codesal dende a Entidade Local Menor de Camposancos e o Concello da Guarda.


O Presidente da Entidade Menor de Camposancos, Rafael Álvarez, reuniuse nestes días co alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Paulino Rodríguez, para estudar un proxecto de rehabilitación medioambiental e paisaxística do Campo do Codesal.
Nesta obra o que se pretende facer é derrubar todo o muro de pedra que rodea o campo e demoler as instalacións para poder crear unha zona de esparcimento que desfrutarían tanto os veciños e veciñas guardeses e camposinos coma os visitantes que chegan á vila durante os meses de verán.
Nas obras tamén se contempla a construción dun cercado de madeira para delimitar a zona e impedir que entren os vehículos.

Primeira fase
Esta rehabilitación medioambiental e paisaxística do Campo do Codesal sería, tal e como comentaron Antonio Lomba e Rafael Álvarez, a primeira fase dun proxecto moito maior e máis ambicioso.
Así, coa axuda doutras entidades o que se busca e rehabilitar tamén a zona de A Lamiña e conseguir unha zona de esparcemento e deportiva para o uso dos veciños e visitantes.



No hay comentarios: