23 ene. 2016

DOCUMENTAL


Rodaxe na Pasaxe // EISV

Camposancos convértese nun plató para a rodaxe do documental "15 pesetas por frete", de Estefanía Alonso.




Un grupo de alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo ficcionaron este sábado o contrabando na posguerra na zona de Camposancos para o documental “15 Pesetas por Frete”

Con motivo do proxecto de final de ciclo, un grupo de doce alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo aventurouse a mostrar cómo se vivía o contrabando na época de posguerra no Baixo Río Miño, máis concretamente na zona de Camposancos.

Este documental nace baixo a dirección de Estefanía Alonso, procedente do propio pobo, quen viviu rodeada de historias sobre o contrabando toda a súa vida. De ahí o título do documental, “15 Pesetas por Frete”, cantidade que lle pagaban ao seu avó.

Este proxecto nace en octubre e comeza pouco despois coa grabación dunha serie de entrevistas a diferentes personalidades relacionadas co pobo e a súa historia. Puntos de vista moi diferentes móstrannos como se vivía o contrabando daquela época. Para acompañar a estas entrevistas o pasado sábado grabaron na zona de A Pasaxe e A Lamiña unha serie de recreacións. A xente do pobo involucrouse co audiovisual para vestirse tanto de arraianas como de freteiros e así mostrar a súa historia ao mundo. Unha persecución, unha cola de racionamento ou un desembarco son algunhas das ficcións que poderemos ver neste documental, unha peza audiovisual única que poderemos ver moi pronto.

O equipo, no que destaca a presenza de dous veciños do pobo camposino, está formado por 12 alumnos de imaxe, produción, realización, maquillaxe e son.


Texto/Imaxes: EISV

No hay comentarios: