AVISO

Todos e todas que coñecedes esta páxina sabedes que como administrador da mesma solo estou eu só, o que implica que por vida laboral non poida actualizar durante unha curta tempada. Espero que poidades entender este motivo, que cando se encontra unha persona soa ante un proxecto destas características se complique por momentos. Un saúdo, Brais Martínez. www.braismartinez.es / www.braismartinez.gal

12 nov. 2015

DOCUMENTAL

Parte do equipo no Trega // EISV

Alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo comezan a rodaxe dun documental en Camposancos.




Dende fai uns días, alumnos da Escola de Imaxe en Son de Vigo (EISV) comezaron a rodaxe dun documental en Camposancos. O equipo, no que destaca a presenza de dous veciños do pobo camposino, está formado por 15 alumnos de imaxe, produción, realización, maquillaxe e son.

O documental "15 pesetas por frete" trata de contar ás novas xeracións unha forma de vida durante unha posguerra dura con contexto socio-político, concretamente o fenómeno do estraperlo. A pesares de existir en toda a xeografía este fenómeno, o pobo camposino encóntrase en fronteira con Portugal separados polo Río Miño. O documental, formado por imaxes, documentos gráficos, entrevistas e recreacións dos feitos, con pequenas ficcións que farán o público partícipes dos feitos narrados.

Este documental foi escollido entre outras propostas como proxecto final a realizar polos alumnos na ESIV. Tamén, evitar que este tema quede no esquecemento, é outro dos factores deste proxecto.

Durante variarias semanas os alumnos, compaxinando os estudos, desprazaranse ata distintas localizacións de Camposancos para continuar co seu proxecto final.



Imaxes/Texto: EISV 

No hay comentarios: