Este sábado as augas do río Miño reflexaban con singularidade a silueta dunha embarcación única na súa clase. Tratábase da Roncaderia, unha embarcación destinada a acercar a navegación ás persóas discapacitadas ou con mobilidade reducida. Partindo da lonxeva embarcación tradicional de A Guarda -a gamela- ésta modificouse para que puidese aloxar unha cadeira de rodas e se puidese embarcar con facilidade. Tamén se modernizou tanto o velame coma outros elementos de navegación.
A gamela Roncadeira, propiedade do Condello de A Guarda, está cedida para o seu uso ao Club Alagua, quen se encargou da planificación do evento de presentación neste fin de semana. As condicións climatolóxicas resultaron perfectas para a navegación nesta embarcación no pasado sábado, cun vento moderado e coa marea na fase idónea. Os navegantes nese día foron dous membros do Club Alagua, e un veciño de A Guarda, Pablo. Os navegantes ao rematar a travesía indicaron que a embarcación fora moi doada de manexar.
Entre as autoridades presentes no evento de presentación da gamela estaba o Sr. Alcalde José Manuel Domínguez Freitas, quen agradeceu a presenza das demáis autoridades presentes, así como a participación de Pablo no evento. Ademáis lle propuso ao antigo propietario da gamela ir a navegar nela noutra xornada. O alcalde tamén recordou ao recentemente falecido, D. José Miguel Abellán Ruiz, antigo Capitán Marítimo do distrito de A Guarda, quen se implicou directamente no proxecto de construcción da gamela Roncadeira.
O presidente do Club Alagua, Héctor Carrero, resaltou que o Club Alagua quería agradecer ao Concello de A Guarda a confianza que depositou no Club para a utilización de esta embarcación e que se lle dará o mellor uso posible.
O público que presenciou a navegación dende terra comentaba que a estampa que proporcionaba era inédita e alabou a valentía que demostrou Pablo. Nun futuro se prevé realizar xornadas de navegación con persoas discapacitadas tendo sempre presente que esta gamela precisa dunha atención especial pola súa natureza.
VIDEO
FOTOGRAFÍAS
![]() |
Imaxes: Brais Martínez.es |
No hay comentarios:
Publicar un comentario