10 sept 2014

SUCESOS


O Helimer rescatou a tres persoas, unha delas ferida, no Puntal.


112 Galicia · PB / Camposancos

Na tarde do mércores, 10 de setembro, un pescador, que foi arrastrado pola marea nos arredores do Puntal, En Camposancos, foi evacuado polo helicóptero de Salvamento Marítimo xunto cos seus rescatadores: dúas persoas que se lanzaron á agua para salvalo. Segundo informaron os efectivos do GES alí desprazados, o mariñeiro presentada diversas lesións na cabeza e nos pés, mais, durante o seu traslado ao Aeroporto de Vigo, comezou a mostrar, ademais, síntomas de hipotermia severa. Igualmente, as persoas que o rescataron foron atendidas polos servizos sanitarios de urxencia afectadas, tamén, por hipotermia, aínda que leve. As testemuñas do suceso relataron ao CAE 112 Galicia que o mariñeiro foi arrastrado pola marea e que dúas persoas se lanzaron á auga para poñelo a salvo nunhas rochas. Dadas as dificultades para acceder aos feridos por terra, o 112 Galicia solicitou a intervención de Salvamento Marítimo e Servizo de Gardacostas de Galicia. Ademais, pediu a colaboración de Urxencias Médicas, GES da Guarda e da Policía Local. Varios particulares alertaron ao CAE 112 Galicia arredor das 17:00 horas desta tarde.

VÍDEO:


FOTOS:
Fotógrafo: Brais Martínez






No hay comentarios: