26 ago 2014

“MÁIS GALEGO” NO MUÍÑO

As parellas Elia e María, e "Troy" e "Pichu". CRTVG

O programa “Máis Galego” da TVG gravou un programa na Praia do Muíño.


CRTVG / Camposancos


A Televisión de Galicia emitiu o pasado xoves o programa “Máis Galego” gravado na Praia do Muíño, un concurso que se emite de luns a venres e no que cada capítulo cambia de localización.
Neste capítulo, feito no areal camposino, participaron duas parellas da zona, formados por Elia e María contra "Troy" (Adrián) e "Pichu" (David).

A paisaxe, a cultura, as tradicións e a historia dos pobos, vilas e cidades forman parte do desenvolvemento dun programa diario onde as parellas participantes teñen que demostrar que son merecedoras do título de “Máis Galego”.
O programa percorre Galicia de punta a punta, recalando cada semana nunha comarca distinta. O punto de partida en cada localidade é a praza da vila , onde o equipo do programa vai na procura dos concursantes de cada edición, veciños da vila que deberán ser convencidos para participar. Estes son abordados na súa casa, no seu traballo e mesmo nos seus momentos de ocio.
“Máis Galego” estrutúrase en tres grandes probas que os concursantes teñen que superar: unha proba cultural, onde deben demostrar os seus coñecementos sobre a cultura, tradicións, historia e costumes da vila onde se desenvolve o programa; unha proba sobre xogos tradicionais e populares de Galicia, e “O reto galego”, que ten que ver cos oficios, a gastronomía e o folclore da localidade.

Podes ver o programa clicando AQUÍ.
As parellas Elia e María, e "Troy" e "Pichu". CRTVG

No hay comentarios: