14 jul 2014

OBRADOIRO DE COMPOSICIÓN FOLC

Ernesto xunto un alumno. Brais Martínez 

O pasado venres Ernesto Campos desenvolveu un Obradoiro de Composición Folc en Camposancos.




PB / Camposancos

Unha vintena de músicos déronse cita o pasado venres, 11 de xullo, no local da asociación Os Amigos, onde tivo lugar a primeira edición do Obradoiro de Composición Folc.
Esta xornada, dirixida polo músico e compositor Ernesto Campos, encheuse de melodías onde cada alumno aprendeu a compoñer a súa peza musical. Dende a frauta dulce, a gaita, o acordeón, ou o saxofón, entre outros instumentos, soaban acompañados ó piano de Ernesto. Os alumnos, de todas a idades, seguían atentamente as explicacións do mestre para poder compor pezas relacionadas co folc, adaptandose ó seu instrumento musical.
Tralo éxito acadado nesta primeira edición, barallan a opción de organizar vinderas edicións, mesmo de varios días, e con maior número de prazas.
Os alumnos, de varios puntos da xeografía galega, teñen a posibilidade de integrarse nun grupo de Facebook onde poden seguir en contacto permanentemente e dese xeito amosar e compartir as súas composicións, mais aló da duración do obradoiro.
O curso, organizado polo grupo Os Pelouros, de A Guarda, contou coa colaboración da asociación Os Amigos,  a Entidade Local Menor de Camposancos, e o Concello de A Guarda.

Fotos: Brais Martínez.



 

No hay comentarios: