19 mar. 2014

LIMPEZA NA SENDA LITORAL


ANABAM organiza unha limpeza de plasticos e lixo na Senda Litoral.





ANABAM / Camposancos
Despois das fortes marusías deste inverno, boa parte da costa baixomiñota está chea de lixo, predominando sobre todo os plásticos. ANABAM organiza unha limpeza pola Senda Litoral (Camposancos, concello da Guarda) o vindeiro 23 de marzo a partir das 10.00 h, tendo como punto de encontro a zona de aparcamento no Puntal (ver situación e coordenadas no mapa que se adxunta). Prégase que toda persoa interesada en participar nesta acción de sensibilización ambiental se rexistre a través dos seguintes enderezos de correo electrónico: anabam.anabam@gmail.con ou pombal@uvigo.es, indicando o número de persoas que van a participar e o seu nome completo. Nestes enderezos electrónicos tamén se pode solicitar máis información.

Esta actividade enmárcase tamén dentro da edición número 19 das “Iniciativas Oceánicas” que ven desenvolvendo por todo o mundo con gran éxito dende hai anos a “Surfrider Foundation Europe”, tendo por lema a edición deste ano: “se o tiras ao chan, tíralo ao mar”, nun intento de loitar contra os residuos acuáticos. De feito, dos arredor de 6,6 mil millóns de quilos de residuos que chegan ao medio mariño cada ano, aproximadamente o 80% son de orixe terrestre, sendo os seres humanos os únicos culpables; polo tanto, somos nós quen temos que tomar medidas. Unha delas é participar activamente neste tipo de accións de sensibilización ambiental, accións que se poden desenvolver en familia.

No hay comentarios: