3 ene. 2014

XVII PALETADA-LACONADA DE SAN AMARO



A XVII Edición da Paletada-Laconada de San Amaro celebrarase o 18 de xaneiro.






PB / Camposancos
Chega a XVII Edición da Paletada-Laconada, que os veciños camposinos celebrarán o sábado 18 de xaneiro de 2014 no Colexio dos Xesuítas, na Pasaxe.
Para comezar o día, ás 11h da mañá, a Treboada Camposina fará o pasarrúas por Camposancos ata chegar ós Xesuítas para dar entrada a comer, sobre ás 13:30h. O menú estará composto por Pinchos; Paleta-Lacón; Rosca e Rosaquillas; Cafés e Aguardente. Pola tarde, será o momento da sesión discoteca e karaoke. E, para rematar, apartires das 20:30h, Serán organizado por Xamaraina, que se prolongará ata altas horas.

Os tiques están á venda o luns (13), martes (14) mércores (15) e xoves (16) deste mes de 18:00h a 21:00h,  na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos.

No hay comentarios: