16 sept 2013

FESTA DO SOCIO OS AMIGOS


Festa Homenaxe -50 anos de socio na Asociación Os Amigos-


Os Amigos · PB / Camposancos

O pasado sábado, 24 de setembro de 2013, celebrouse a Festa do Socio, o activo mais importante da Asociación  Os Amigos, nunha sinxela homenaxe a os socios en xeral, e en particular, a aqueles que levan cincuenta anos ininterrompidos como socios, é dicir, sen causar baixan en ningún momento.
Este ano os afortunados, que estiveron arroupados polos seus familiares e amigos, foron Tomás Matos, que está a pique de cumprir os 70 anos; Manuel Bouzas, que vai para 82; e Hermelindo Martínez, con 75. Déronse de alta en 1963. Por motivos de traballo xa que había que sacar as familias adiante ausentáronse do pobo, en algúns casos, durante bastante tempo pero para eles non foi un motivo para darse de baixa, e os tempos eran duros polo que ten moito mérito e a Asociación así o recoñece.
O acto estivo coordinado por Bea, a secretaria da Asociación, que despois de agradecer a presenza a os asistentes presentou o “Coro Ecos do Castelo” que pertence o Centro Cultural “Bolos da Carrasca” de Parada (Nigrán) con 24 compoñentes maxistralmente dirixido por Samuel Carmona.
O motivo da presenza deste coro débese a un intercambio. O grupo Mascarenhas actuou no mes de xuño na súa Asociación e eles corresponderon facendo o mesmo na data que a Asociación Os Amigos elexiu.
Como ven sendo costume os homenaxeados foron agasallados con un prato conmemorativo e unha flor as súas donas. O presidente tamén fixo entrega dun agasallo a o director do coro.
Ó remate a Asociación convidou a tódolos presentes a un aperitivo.
A Xunta Directiva quere transmitir a súa felicitación a os homenaxeados.




No hay comentarios: