5 jul 2013

BANDEIRA AZUL NO MUÍÑO


Na  Praia do Muíño xa ondea a bandeira azul.



Concello de A Guarda

O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, izaron á 20 horas de onte a Bandeira Azul nas praias de Area Grande, que a consegue por quinto ano consecutivo, e O Muíño, que leva catro anos seguidos ondeándoa.

As praias obteñen este distintivo como recoñecemento á calidade medio ambiental e ós servizos que ofertan. Xa contaban cos servizos esixidos por Bandeira Azul como os paneis informativos, as análises de augas, o servizo de limpeza e de recollida de residuos, as duchas e os aseos e agora tamén co servizo de salvamento e socorrismo. Un grupo que está formado por seis socorristas e un patrón e que estará presente dende hoxe, todos os días de luns a domingo dende as 12 ás 20 horas.

Ademais este ano o Concello da Guarda conta coa distinción de Sendeiro Azul en recoñecemento á senda litoral que une as praias de Area Grande e do Muíño cunha lonxitude de 5,6 km.

Dende a concesión da Bandeira Azul á praia de Area Grande no 2009 e un ano despois para O Muíño o concello continúa a traballar na mellora dos servizos esixidos polo distintivo e deste xeito ofrecer ós veciños e visitantes unhas praias e servizos de calidade.

No hay comentarios: