9 feb. 2013

G.D. MIÑO: PITU


Entrevista a Pitu, xogador do Gimnástico Deportivo Miño.





MinhoBirras / G.D. Miño
Nova entrega das entrevistas ó plantel do G.D. Miño por parte da afección. Turno para Jorge Pérez:



Un pracer contar coa participación deste gran xogador e adicar uns minutos nesta sinxela entrevista, para toda a xente do GD Miño, que servirá para acercar e coñecer mais a un dos nosos, disfrutade:

Equipo favorito?
Son do R.C. Celta de Vigo e éncheme de satisfación selo. E por suposto do G.D. Miño.

Idolos ou futbolistas que che gusten?
Algúns grandes da época coma Ryan Giggs, Paul Scholes, Dennis Bergkamp e outros coma Gustavo López, Mostovoi, Perera bota de Oro... jajajaja

Clubs onde xogaches dende neno ata o teu último equipo e tempadas
neles?

Xoguei no san Cayetano de neno ata o último ano de infantís, onde xoguei nunha especie de Miño/Guardés onde gañamos todos os partidos da tempada agás un. Tíñamos un equipazo.
Tamén xoguei algún partido co cadete do Miño ese mesmo ano.
Cadetes e Xuveniles xa foi no Guardés, onde pasei cinco anos da miña vida estupendos, pero remataron bastante mal pola parte do Sp Guardés, máis ben do entrenador que adestraba nese momento. E agora xa faen 3 tempadas, xogo no equipo coa mellor afición de A Guarda!

Que adestradores e compañeiros destacarías na túa carreira deportiva que coincidiran contigo?
Todos foron uns excelentes adestradores, pero de todos quédome con Jose Berridi. Nunca vin tanto entusiasmo, tantas ganas e tanta paixón nun adestramento nunha cancha 40x20 jajaja un gran tipo.

Qué momentos gardas con máis agarimo no GD Miño?
As ceas do equipo porque ahí mírase a piña que somos. E no terreo de xogo, calquera victoria do equipo disfrutase moito, pero sobre todo cando lle gañamos o Chain na súa casa o ano pasado (aínda que fora un partido accidentado) ou a victoria na casa fronte o Caldelas cun control espectacular de Toñi que deixouma en bandexa para que fixera o 2-1.
Impresionante.
 

Define as túas características como futbolista?
Cando estou en forma (poucas veces dase o caso) considérome bastante rápido, algún regate algo decente de vez en cando (pero pouca cousa), vou algo decente polo xogo aéreo pero aínda que sexa alto non é o meu forte. Gústame pegar o balón a balón parado porque creo que o fago mellor do que remato.

Algún futbolista que che estea a sorprender?
Pepinho é o que manda, o que leva a calma nas situacións complexas dos partidos, é o que máis experiencia ten na categoría. Iso nótase no campo e ademáis esta facendo unha moi boa tempada. É polo resto todos moi ben tamén a seguir así rapaces.

Cómo ves esta tempada?
Todos sabemos que temos nas nosas máns poder ascender de categoría, pero no fútbol nunca se sabe o que pode pasar. Oxalá todo termine coma todos queremos pero aínda queda a segunda volta que será moi dura.

Algún campo, aparte da Sangriña, no cal che guste xogar?
No do Oiense polo tema da rivalidade e tamén pola distancia (jajaja). Por certo, canta máis xente se desplace a Oia esta fin de semana moito mellor porque é un partido moi importante para o equipo e ten pinta de ser un partido moi emocionante!

Cal é o millor gol que recordas da túa carreira?
Bueno teño uns cuantos, un dende o medio do campo cando era infantil no Codesal, outro pola escadra contra o Tyde dende lonxe, una falta fai dous anos co Miño contra o Nigrán etc

Ómarxen do fútbol, cales son as tuasafeccións?
A música en xeral sen dúbida, mirala e escoitala en directo e de vez en cando mandarlle unas pezas no baixo ou guitarra.

Futbolista actual do Miño, que sea un líder de festa?
Jajaja todos os membros do equipo son uns lideres da festa e todos saben como facer para pasalo ben jajaja

Copa preferida. Vaso de tubo ou ancho?
Frecuentemente vaso de tubo pero se toca vaso ancho: vaso ancho!!!

Qué se sinte ó ver tanta xente detrás vosa acudindo á Sangriña ou fóra a ver ós partidos do GD Miño?
É a repera, é coma se xogásemos na casa todas as fins de semana.

Qué opinión tes de MinhoBirras e afición en xeral?

A afición doulle un 10, aínda que as veces algúns pásense cos arbitr@s que se iso non pasara, beneficiaría máis o equipo. Pero bueno, a veces todo non pode ser ;)

Algún momento especial da afición?
Cando metín o gol o Caldelas, acerqueime a grada e abrazámonos todos equipo e afición.

Alguén a quen dedicarlle unas palabras?
Se podedes non faltedes as citas no fortín da Sangriña porque sen vos………. non é o mesmo!

Saúdos a tod@s


No hay comentarios: