23 dic. 2012

MASCARENHAS EN CONCERTO


Concerto de Mascarenhas con Toñi Santos no Casino.




PB / Camposancos
Este sábado, 22 de decembro de 2012, tivo lugar no local da sociedade Os Amigos de Camposancos o concerto de Nadal deste ano. O grupo encargado de amenizar a xornada foi o grupo de acordeóns Mascarenhas, que ofreceu un amplo repertorio de pezas. Toñi Santos, actual directora da Coral da Agrupación Musical do Rosal e a Coral Infantil desta, acompañou ós acordeóns coa sua espléndida voz.

Veciños de Mos en Camposancos.
Un grupo de veciños da Comunidade de Montes de Mos, achegáronse ó concerto para poder agasallar ó grupo Mascarenhas polo concerto do pasado sábado 15 en Mos.

Vídeo:

Fotos:


Representante da C.M. de Mos.

No hay comentarios: