27 dic 2012

G.D. MIÑO: DENIS

© MinhoBirras


Entrevista a Denis, xogador do Gimnástico Deportivo Miño.







MinhoBirras / G.D. Miño
Nova entrega das entrevistas ó plantel do G.D. Miño por parte da afección. Turno para Denis:


Equipo favorito.
Dende cativo foi o F.C. Barcelona.

Ídolos no fútbol?
Rivaldo pola súa calidade e por ser un gran tirador de faltas e logo Stoichkov por que é un tio que sinte os colores azulgrana a parte de ser un gran xogador e culé a morte.

Ó marxen do fútbol, cáles son as tuas afeccións?
Escoitar música, sair de marcha cos colegas etc.

Copa preferida. Vaso de tubo ou ancho?
Vaso ancho.

Clubs onde xogaches dende neno ata o teu último equipo e tempadas neles.
A miña carreira deportiva empezou no San Cayetano, e de ahí para Miño ata o segundo ano de xuvenís, que deixei de xogar ata este ano pasado que volvín os terreos de xogo.

Que adestradores e compañeiros destacarías na túa carreira deportiva que coincidiran contigo?
Destacaria a Alfonso Da Costa Pérez (Fonsi).

Qué momentos gardas con máis agarimo no GD Miño?
A remontada que lle fixemos o Caldelas o ano pasado con dous xogadores de menos, que cando metemos o segundo gol aquilo foi un espectaculo.
Unha gran subida de adrenalina nese momento, e nesta tempada con un bo ambiente no equipo que iso e o principal.

A parte da Sangriña, algún outro campo no que che guste xogar? 
O mellor é a Sangriña, pero tamén destacaría o do Ribera e Oiense.

Define as túas características como futbolista. Como che estas vendo esta tempada, tras os eloxios que acadas esta temporada?
Ben ó corte tanto por arriba, como por abaixo, non teño moita calidade como Pepiño brasilero, pero deféndome sobrado.

Cómo ves esta tempada e obxetivos? 
Véxoa ben.

Algún futbolista do Miño que che estea a sorprender?
Pepiño brasil, que esta temporada estase saindo a pesar de ser un veterano, e como non destacar a Nico e o noso porteiro Pazos.

Qué se sinte ó ver tanta xente detrás vosa acudindo á Sangriña ou fóra a ver ós partidos do GD Miño?
É un orgullo ver a tanta xente detras animado na grada, só que as veces pasanse un pouco cos árbitros, e logo os perjudicados somos os xogadores.

Qué opinión tes de MinhoBirras e afición en xeral?
Debense aburrir moito os domingos jajaja

Un saúdo a tod@s.

No hay comentarios: