29 nov 2012

G.D. MIÑO: PEPINHO

© MinhoBirras


Entrevista a Pepinho, xogador do Gimnástico Deportivo Miño.





MinhoBirras / G.D. Miño
Nova entrega das entrevistas ó plantel do G.D. Miño por parte da afección. Turno para Pepinho, ex-capitán miñota.


Equipo favorito?
Coma tódolos que sabemos algo de fútbol, son do Barça.

Ídolos no fútbol?
Por riba de todos Romário.

Ó marxen do fútbol, cáles son as tuas afeccións? 
Gústame sair de marcha, ir de viaxe, en xeral: pasalo ben...

Copa preferida? Vaso de tubo ou ancho? 
Brugal-cola en vaso ancho cunhas pingas de limón.

Clubs onde xogaches dende neno ata o teu último equipo e tempadas neles?
Xoguei durante tres anos na Guia, ata que acabei en infantís. Nun primeiro momento ía se-la formar A Guia de cadetes, pero ó final refundouse o G.D.Minho. De feito o primer adestramento do Minho foi no Chans novo.

Que adestradores e compañeiros destacarías na túa carreira deportiva que coincidiran contigo?
Quedome con algo bó de tódolos que tiven adestradores pero teño que destacar a Valentín porque foi o que máis me tivo que aturar (entre cadetes ,xuvenis, senior, e algún adestramento nos alevins da Guia,suman máis de 10 anos).

Qué momentos gardas con máis agarimo no GD Miño?
O que máis gardo con agarimo son os compañeiros e as aventuras que tiven con eles durante todos estes anos.

A parte da Sangriña, algún outro campo no que che guste xogar? 
Gústanme os derbis, polo que xogar no Rosal, en Oia ou incluso en Goián encántame.

Define as túas características como futbolista.
O que alguanha vez me veu xogar sabe cales son, pero a que me gusta destacar por riba de todas é a elección: elexir o mellor pase, se tirar, regatear. Non sempre me sae ben pero na miña opinión e a mellor cualidade que pode ter calquera que xogue o fútbol.

Cómo ves esta tempada e obxetivos? 
Esta tempada véxolla con moi bo ambiente, a pesar de que só fixemos unha cea, e de continuar así obteranse os resultados desexados.

Algún futbolista do Miño que che estea a sorprender?
A estas alturas, xa naide me sorprende, o único a espectacular racha de faltas de Nico.

Qué se sinte ó ver tanta xente detrás vosa acudindo á Sangriña ou fóra a ver ós partidos do GD Miño?
Que a xente aburrese moito os domingos....jejej... non, pero esta moi ben, eu as veces tamén me sinto coma un afeccionado máis. Antes soamente viñan as noivas, un par de amigos ou o vello que non paraba de recordarme os cubatas do día anterior.
Ainda que houbo épocas nas que se xuntaban alguns ex-xogadores ou simpatizantes a animar.

Qué opinión tes de MinhoBirras e afición en xeral?
A miña opinión é positiva, malia que as veces pásanse un pouco con insultos ós rivais, pero iso tamén nos motiva e nos axuda a sacar adiante os partido.

Algún momento especial da afición?
O día que lle remontamos o caldelas con dous de menos, eu estaba na grada e era un fanático máis.

Alguén a quen dedicarlle unas palabras?
Agradecer a tódolos meus compañeiros que tiven e que teño actualmente (e mira que en 15 anos e medio que levo no Minho tiven moitos,ehh!!! jejeje)

Barra libre (Fala do que queiras)
A seguir animando e a pasalo ben xente minhota!!!!

Moitas grazas Pepinho pola túa disponibilidade e bó trato.
SEMPRE MIÑO

G.D. MIÑO

No hay comentarios: