2 ago 2012

ANDAINA "CAMIÑOS DO TREGA"



Este sábado andaina «Polos camiños do Trega», unha actividade conmemorativa do centenario da Sociedade pro-monte de Santa Trega.





Javier Crespo / Camposancos - A Guarda
O sábado 4 de agosto o Padroado Monte Santa Trega organiza unha nova actividade conmemorativa do centenario da Sociedade pro-monte de Santa Trega. Trátase da andaina «Polos camiños do Trega», que aproveitará a ampla rede de sendeiros homologados para que os participantes gocen dunha actividade ao aire libre e de paso coñezan algúns dos aspectos menos coñecidos deste emblemático monte.

A xeira partirá ás 9:00 h da mañá da praza de San Amaro (Camposancos) e irá pasando polo Outeiro do Lobo, Cruz do Home, Pedra Furada, poboado Castrexo (zona de Calvo), Porta Sur, Chans; para rematar de novo no punto de inicio. Faranse varias paradas para reagrupar aos participantes e para explicar varios aspectos relevantes do monte. A distancia percorrida será dun 5,7 km e o tempo estimado para facer o itinerario andará entre as 2 horas e media ou 3 horas. Non é preciso anotarse previamente.
Recoméndase levar roupa e calzado cómodo, auga e protección solar.


 


Os Camiños do Trega son unha rede de pequenas sendas que permiten achegarnos a este impresionante cumio sobre o río Miño e o océano Atlántico.

Seguindo os seus itinerarios pódese ascender polas súas abas dende a Guarda, dende o barrio da Cruzada ou tamén dende Camposancos, ata visitar o seu afamado castro, a Ermida de Santa Trega, ou as belezas naturais da Pedra Furada e as inigualables panorámicas das que goza en calquera dirección.

A riqueza histórica e paisaxística do lugar ben merece que se coñezan lentamente, facendo sendeirismo tranquilamente e co máximo respecto para este gran legado.
 

RELACIONADO:
-Reportaxe da Andaina.

No hay comentarios: