20 jun 2012

PROXECTO PÍLLARA 2012

5 anos despois, a Píllara Papuda aniña en Camposancos.

ANABAM - PB / Camposancos
5 ANOS AGARDANDO PARA REINICIAR O PROXECTO PÍLLARA, que así se chama a versión galega do noso programa de protección da píllara papuda.
Foi no 2007 cando criou por última vez esta ave na praia de Camposancos, dende aquela non volveu facelo ningunha vez máis. O luns pola mañá descubrimos un niño. Pola tarde, dous máis. Nada máis e nada menos que tres niños. Así que, si era pouco os máis de 40 niños que levamos nas veciñas praias portuguesas, agora, para non aburrirnos, aumentamos a prole, iso sí, son moi ben vidos. O martes xa colocamos as gaiolas e delimitamos a zona e comezamos os traballos de seguimento e recollida de información.
Os polos nacerán en, aproximadamente, 28 días, e despois outros 28 para voar.

Podes consultar toda a información sobre o Proxecto Píllara na web de ANABAM. 


No hay comentarios: