11 may 2012

A ARTE DA ARGUMENTACIÓN

"A Arte da Argumentación" na Radio Municipal da Guarda.

IES A Sangriña / A Guarda
Os alumnos e as alumnas do proxecto "A Arte da Argumentación" dentro dos Contratos Programa elaboraron un programa de radio na Radio Municipal da Guarda, tedo como tema "A EDUCACIÓN HOXE", que está estruturado da seguinte maneira:

1. - A temática do programa é: "A EDUCACIÓN HOXE". Lanzamos unha serie de preguntas sobre as que reflexionaremos:
A estrutura do sistema educativo actual:
-Imos ao instituto para aprender ou para aprobar?
-Quen educa, os pais ou a escola?
-Utilizamos axeitadamente os recursos que temos? (ex. Novas tecnoloxías)
-Teñen os institutos que procurar unha educación integral do alumnado ou só impartir certos coñecementos?
-Son necesarias as normas nas casas e nos institutos?

2. - Os “RECORTES” que veñen ao IES A Sangriña
-Que implica reducir o cadro do profesorado: máis alumnado por aula, que non se cubran as baixas axeitadamente,
-Isto vai modificar as posibilidades de escoller materias e itinerarios, cal é a forma máis axeitada?

Escoita o programa:


Para sintonizar a Radio Municipal da Guarda no 107.8fm ou en internet, no blog da radio.

No hay comentarios: