6 abr 2012

FESTAS DO MONTE

Saúdo da asociación Pedra Furada á nova comisión das Festas do Monte.

Miguel A. Español Otero, presidente da Asociación Pedra Furada encargada da organización das Festas do Monte nos últimos 12 anos , en nome de todos os socios que a compoñen, dálle a benvida a nova Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O CANCELÓN que se vai a facer cargo da organización das Festas do Monte 2012.

Esta Asociación recentemente constituída estará composta por Damián Alonso Alonso , David González Pacheco, Manuel Alonso Lea e Manuel Pereira Barros entre outros.

Dende a Asociación Pedra Furada xa lles foi trasladado ós novos organizadores a disposición desta asociación a prestarlle todo o apoio e asesoramento que precisen , e nese mesmo sentido facemos un chamamento a cidadanía guardesa para que colaboren con esta nova Comisión de Festas de igual maneira que o viñeron facendo nestes últimos anos con Pedra Furada.
Esta nova Comisión de Festas xa empezou a traballar tendo contratadas as orquestras , a iluminación, a impresión do libro e a tirada de fogos. En breves datas manterá unha reunión co comercio guardés para tratar de acadar o seu apoio neste importante reto.

Quero por último trasladarlle a todos os guardeses e guardesas a satisfacción de todos e cada un dos membros da Asociación Pedra Furada pola constitución desta nova Comisión de Festas. É unha gran noticia para o noso pobo o feito de que unha vez máis un grupo de guardeses está disposto a traballar de xeito altruísta pola festa coa que nos identificamos a meirande parte dos cidadáns guardeses.

A Guarda, a 3 de abril de 2012
Miguel A. Español Otero,
Expresidente da Comisión de Festas do Monte.

No hay comentarios: