3 mar 2012

IES A SANGRIÑA

Imaxe: Antonio Lomba
Videoconferencia entre Salamanca e o IES A Sangriña.

Tecnoloxía.com / A Guarda
Este mércores, 30 alumnos/as do IES A SANGRIÑA, que cursan as materias de tecnoloxía e electrotecnia, participaron nunha videoconferencia, sobre nanotecnoloxía e nanorobótica, impartida pola profesora Eva Martín del Valle do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Salamanca.
Esta actividade enmárcase dentro do programa "Videoconferencias ConCiencia" posto en marcha polo CITA (Centro de Integracional de Tecnologías Avanzadas). Na segunda fase da actividade os alumnos participantes poderán debater ou expoñerlle as súas dúbidas a Eva Martín na zona de debate CITA.
Este é o segundo ano que o IES A SANGRIÑA participa neste innovador programa formativo e de novo queremos expresar o noso agradecemento a responsables da actividade.

No hay comentarios: