19 feb 2012

ARTE NATURAL

As gaivotas, verdadeiras artistas.

ANABAM / Esteiro do Miño
A finais do mes de xaneiro de 2010, visitamos unha exposición de Arte Contemporánea no MARCO, en Vigo, do artista guardés Jorge Barbi. Quedamos gratamente sorprendidos ao contemplar un cadro -véxase figura 6- composto por 44 fotografías no que amosaban figuras humanas feitas de forma natural, sen manipulación, por unhas artistas que, ata aquela, descoñeciamos as cualidades pictóricas que tiñan: as gaivotas claras. Eses cadros estaban feitos cos excrementos destas aves que, ao lanzar o chorro, en moitos casos, máis dos que cremos, formaban ditas figuras.

Algo tan simple como a escatoloxía, serviunos para comprender que na natureza hai arte, moita arte e que soamente temos que descubriolo.

Dende aquela, e gracias a Jorge Barbi, cada vez que visitamos os rochedos da costa baixomiñota, non temos máis remedio que fixarnos nas "cagadas" que hai sobre eles. É asombroso o que descubrimos, como se pode apreciar nestas imaxes obtidas nun destes paseos na zona de Solanas, A Guarda. o pasado 8 deste mes de febreiro. Ningura das figuras que presentamos está retocada, tal e como estaban sobre a rocha así as presentamos.

Haberá que preguntarse se as gaivotas nos ven aos humanos como simples excrementos.
Pero os detalles non se quedan soamente nas figuras humanas. Estas artistas da natureza, son capaces de "pintar" tamén cogumelos.
-Figura 6- 

Máis imaxes: aquí.

No hay comentarios: