22 ene 2012

O Concello da Guarda en FITUR 2012.

Image
Un ano máis, A Guarda en FITUR.
Concello da Guarda / Madrid

Un ano máis o Concello da Guarda estivo presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid. En anos anteriores A Guarda empregou o escenario que ofrecía Turismo Rías Baixas para presentar os destinos e festas da provincia de Pontevedra. En 2010 A Guarda deu a coñecer o CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA acompañada doutros concellos galegos pertencentes ó recente recoñecido camiño. En 2011 A Guarda presentou o PREMIO EDEN que lle foi concedido o ano pasado, sendo o cuarto destino español galardoado e o único galego.
Este ano o concello contou co stand de Instituto de Turismo de España (Turespaña) para dar a coñecer A Guarda, Destino Europeo de Excelencia no marco do I Encuentro Nacional de Excelencia y Compromiso Turístico: Red de Destinos Europeos de Excelencia EDEN que tivo lugar o 19 de xaneiro.
O acto deu comezo ás 11 horas cos discursos de apertura a cargo do Director General del Instituto de Turismo de España (Turespaña), D. Manuel Butler Halter e o Director General de Empresas e Industria de la Comisión Europea, D. Pedro Ortún Silván. A continuación, interveu o Coordinador de la Red de Destinos Europeos de Excelencia EDEN, D. Antonio Pezzano, quen amosou as experiencias europeas de cooperación entre Destinos EDEN.
Tralas intervencións da primeira parte do acto foron presentadas parte das iniciativas da campaña de promoción de 2012 de Turespaña para dar recoñecemento e visibilidade os destinos EDEN españois: vídeo promocional e folleto dixitais dos Destinos Nacionais EDEN.
A segunda parte os protagonistas foron os catro Destinos EDEN españois: Sierra de las Nieves, Parque Natural Delta del Ebro, A Guarda y Ecoparque de Trasmiera (Arnuero, Cantabria).
A presentación da Guarda foi a cargo do alcalde, D. José Manuel Domínguez Freitas que apoiado nas imaxes da Guarda amosou o por qué somos Destino EDEN rescatamos parte das súas palabras “… a nosa gran potencialidade é o paisaxe e o cúmulo de alicientes que, en tan pouco espazo xeográfico, danse na Guarda. Pero a hora de competir polo premio EDEN a nosa principal fortaleza era o Esteiro do Miño e as posibilidades que ofrecía”. Durante o seu discurso tamén distinguiu o que significa que foramos galardoados “… A obtención do premio EDEN non foi unha meta senón un estímulo. E ademais supón unha obriga para fomentar un turismo sostible y respectuoso cos recursos naturais e patrimoniais nos que estabamos comprometidos e agora o estamos máis”. Finalmente pechou a súa intervención convidando ó publico especializado a coñecer A Guarda “… Como ven, somos unha suma de fortalezas que xa temos e doutras que queremos desenvolver. Remato a miña exposición invitándolles a que coñezan “in situ” como é A Guarda”.
Para clausurar este I Encuentro Nacional de Excelencia y Compromiso Turístico: Red de Destinos Europeos de Excelencia EDEN foi programado un breve debate para obter as conclusións do encontro.
Image

No hay comentarios: