17 ene 2012

Festa-Homenaxe. 50 anos de socio.


PB - Os Amigos /Camposancos

Este domingo, celebrouse unha Festa-Homenaxe ás persoas que no ano pasado 2.011, fixeron 50 anos de socios ininterrompidos da asociación de Camposancos Os Amigos. O acto daba comezo ás 17:00h, sendo Arturo Martínez, actual presidente da asociación, presentador do acto. Entre as mencións dos homenaxeados, o grupo de acordeóns Mascarenhas interpretaba unha peza. As primeiras actuacións da tarde foron para sies persoas que aprobaron recentemente as probas de acceso ó grupo de acordeóns. Unha vez entregado todos os recoñecementos, subiu o escenario Toñi Santos, acutual directora da Coral da Agrupación Musical do Rosal, que interpretou, xunto co grupo acordeónico una pezsas que fixeron bailar os homenaxeados coas respectivas esposas. Xa, antes de rematar e de servir uns pinchos, foi leído unha poesía que resume os actuais problemas:


Hoxe de novo nos xuntamos
para volver a agasallar
a estes socios veteranos
que son un exemplo a copiar.

Nestas pequenas asociacións
os socios que as sosteñen
non son para facerse ilusións
por a media de idade que eles teñen.

Fai un ano xa dixemos
e non nos cansamos de repetir
que oxalá os mais pequenos
os pasos dos abos queiran seguir.

Pero non podemos seguir soñando
temos que por os pes no chan
os rapaces dos que falamos
non teñen ese afán.


Como van quererse integrar
se na malloria dos casos
non teñen a quen copiar
pois nin os país dan eses pasos.

Por eso temos que ser capaces
que os país se queiran asociar
para que logo os rapaces
o exemplo queiran copiar. 

Pero mentres esto non aconteza
que os abos nos boten una man
 que con toda certeza
os rapaces llo agradecerán.

Seremos pequenos en tamaño
pero cas nosas limitacións
que nadie se chame a engaño
non hay quen nos gañe en ilusións. 

Pero de éste futuro tan incerto
hoxe nos vamos a olvidar
o casino está aberto
para os que nos queiran acompañar.


Para estas verbas rematar
a éste socios sempre activos
por o seu comportamento exemplar
lles damos todo noso agarimo. 

Tódolos socios poden colaborar non é tan difícil votar una man. 
Axúdanos

No hay comentarios: