PREGO
DE CONDICIÓNS PARA A EXPLOTACIÓN DOS QUIOSCOS Nº 2, 3, 4, 5, 6,
7 E 8 NO MONTE SANTA TREGA
1º.-
Tódolos interesados, para poder participar na poxa dos quioscos,
deberán presentar, antes do 16 de decembro
de 2011, unha fotocopia do seu D.N.I. no
enderezo desta Comunidade, sito na Casa Comunal, nesta parroquia, no
lugar de Outeiro, 40 –A , os mércores e venres dende as 19:00 h
ata as 21:00 h.
2º.-
Terán preferencia para poder optar a explotación dos quioscos, a
igualdade de prezo ofertado, aqueles que primeiramente sexan veciños
comuneiros, e seguidamente os que acrediten a súa experiencia en
explotacións deste tipo de quioscos no Monte Santa Trega, sendo
prioritario en calquera caso o prezo ofertado, y todo elo en
aplicación do disposto no art. 21 da Lei 13/89, de 10 de Outubro
de de Montes Veciñais en Man Común e Estatutos comunitarios.
3º.-
Unha mesma persoa ( física ou xurídica) non poderá explotar mais
dun quiosco, tendo en conta que o anterior arrendatario non podera
poxar novamente.
4º.-
Para poder participar na licitación o procedemento da adxudicación
das explotacións dos quioscos, os interesados deberán depositar
con carácter previo a favor da Comunidade a cantidade de 300,00 €
que, unha vez efectuada a adxudicación aplicarase para satisfacer
parte do canon anual que se fixe en concepto da concesión da
explotación. Os que non resulten adxudicatarios reintegráraselles
ó depósito efectuado.
5º.-
As autorizacións concederanse por un período que vai dende a data
da subasta ata o 31 de Decembro do ano 2015.
6º.-
Nestes quioscos non poderán venderse xelados , refrescos ,
bocadillos o pratos combinados de preparación rápida, cando a súa
elaboración corresponda as instalacións hoteleiras da zoa, ou o seu
mercado. E iso faise para evitar unha competencia ilícita.
7º.-
A superficie máxima a ocupar por cada quiosco será a que forme o
espacio útil de cada un deles.
8º.-
A Xunta Directiva da Comunidade examinará a documentación
presentada, así como o cumprimento dos demais requisitos que
conformen cada petición, pudendo rexeitar aquelas peticións que
poidan supor un atentado a integridade ou o debido aproveitamento do
monte.
9º.-
Os adxudicatarios dos quioscos deberán de ESTAR O DÍA CA
COMUNIDADE, NO CASO DE TER ALGUNHA RELACIÓN ECONÓMICA CON ÉSTA, E
NO PAGO DOS IMPOSTOS, TAXAS E DEVENGOS que lles sexan impostos polo
Concello de A Guarda e polos organismos competentes, en especial coa
Facenda Pública e coa Xunta de Galicia (Consellería de Economía e
Facenda).
10º.-
Así mesmo os adxudicatarios deberán observar tódalas prescricións
en materia sanitaria e de medio ambiente, procurando que o seu
quiosco se encontre debidamente adecentado e cumprindo a normativa
vixente para este tipo de instalacións.
11º.-
Se calquera dos adxudicatarios da concesión do quiosco vendese ou
realizase calquera acto de transmisión de productos ou materiais
legalmente perseguidos ou prohibidas, poderá ser declarado caducado
o seu dereito de forma inmediata unha vez comprobada debidamente a
existencia desta conducta ilegal, sen dereito algún a indemnización
e suxeito o pago dos danos e perxuizos que puidera ocasionar a
Comunidade.
12º.-
A poxa de cada un dos quioscos iniciarase cun mínimo de 4.000,00 €
por ano e adxudicarase o máximo ofertante que ademais cumpra os
requisitos antes citados. Dita poxa efectuarase no lugar de Casa
Comunal da Comunidade de Montes de Camposancos, as 17:30 horas do día
17 de decembro de 2011.
13º.-
O canon pola temporada será o resultante da poxa, que se aboará
mensualmente por recibos domiciliados na conta do arrendatario.
14º.-
Unha vez que finalice el período da explotación, que fixase no día
31 de Decembro do ano 2015, tódolos arrendamentos quedan
automaticamente caducados e sen efecto.
15º.-
A normativa aplicable no contrato de arrendamento será a vixente
Lei de arrendamentos urbanos, quedando excluídos de forma expresa
os artigos 31,32,33 y 34 da mesma ; así mesmo aplicarase o artigo
10 do Regulamento da Lei de Montes, aprobado no Decreto 260/1992 .
Camposancos, a 26 de
Novembro de 2011
A SECRETARIA Vº. Bº. DO PRESIDENTE
Dª Iris Carrero D. Jose Luis Savari
Dª Iris Carrero D. Jose Luis Savari
No hay comentarios:
Publicar un comentario