22 dic 2011

O Rosal en "Xente con Xente".

                                    


Para unirnos nas diferenzas e para saber que teñen en común persoas de moi distintos lugares, “Xente con xente” descobre que ás veces non somos tan distintos como pensamos; por iso os reporteiros Inma Morandeira e Matías Tarrío guiarannos por lugares e xente que teñen unha relación estreita, nesta ocasión para coñecer a forma de vida e os veciños de zonas que se manteñen grazas ás súas conserveiras.
A través deste fío condutor, que hoxe transcorre polos camiños das conserveiras, os reporteiros achégannos os costumes e o día a día de cada zona, os cantes, os bailes típicos, a destreza entre fogóns e incluso os conflitos que puidera haber. Neste contexto, a primeira parada vai ser en Cariño, para coñecer as tres fábricas que perduran, aínda que noutros tempos houbo máis de vinte.
A ruta das conserveiras transcorre por outras rutas cara ao mexillón, o prato estrela en Cabo de Cruz, onde descubrimos o traballo que se desenvolve nunha batea e como despois o molusco se envasa nas conserveiras desta pequena parroquia de Boiro. A terceira parada é na Rosaleira, o motor económico do Rosal, onde moitas mulleres traballan no envasado de produtos típicos galegos, fundamentalmente grelos e mirabeis, froito que só se dá nesta zona.
(Se non podes ver correctamente o vídeo entra: aqui).


No hay comentarios: