7 dic 2011

Novas do ferry.

Segundo as últimas informacións trasladadas dende a cámara de Caminha ao concello de A Guarda, a reparación e montaxe do motor realizouse durante a semana pasada  nunha empresa de Viana do Castelo,  nestes días  procederán á montaxe  e acoplamento do motor.  En canto esté rematado este traballo,  a cámara solicitará unha revisión do ferry por parte da entidade marítima  competente para que o ferry poda iniciar as viaxes entre os dous municipios. As previsions  son de que na semana do 12 ao 16 de decembro poda estar o ferry novamente en funcionamento.

Dende o concello lamentamos os inconvintes  e prexuízos que esta  avería do ferry teñan causado. Asimesmo, en  canto se coñeza a data exacta de  inicio das travesías do ferry ésta  será convenientemente difundida.

Atentamente,
Montserrat Magallanes
Concelleira de Turismo de A Guarda

No hay comentarios: