![]() |
Foto: ANABAM |
A Estación Ornitolóxica, única que temos en Galicia, é o lugar onde ANABAM recibe os centos de escolares e outras visitas que se achegan a este lugar do sur da Comunidade para observar aves. O tempo non pasa en valde, e iso nótase na cor da fachada, así que procede darlle un lavado de cara para que estea presentable diante de tanta visita. Sería bo tamén adecentar e arranxar o entorno, pero non pedimos tanto, en principio contentámonos con que o edificio estea presentable. Así que xa falamos hai uns días co Concelleiro Miguel Español para que nos bote unha man e pinten as paredes. Comprometeuse a facelo e tan pronto lles sexa posible, tal vez antes de que remate o ano, poidamos presentar unha fotografía cunha imaxe máis agradable que esta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario