23 dic 2011

Erosións na desembocadura.

Imaxe: ANABAM.
Ó largo do ano, a beira modifícase en vairas ocasións.

A acción das augas do Miño, debido as subidas e baixadas da marea, aos efectos da corriente do río e a oleaxe, fae que as beiras se modifiquen intensamente dun ano a outro, ás veces, mesmo, en poucos días e, aínda, nun só día. O areal pode retroceder dende varios metros, máis de dez, coma mesmo traer enormes cantidades de area que deposita na beira aumentando a praia ata chegar a triplicar, nalgúns casos o tamaño que tiña un ano antes.Calquera que faga un seguimento da acción natural das augas, pode apreciar estes bruscos cambios da fisonomía do terreo.
Os efectos poden ser comparados dun ano a outro sen máis que sacar anualmente varias fotografías dunha mesma zona.
Un dos cambios bruscos sobre a ribeira fluvial, apreciámolo o pasado 29 de outubro, onde vimos desniveis de máis de metro e medio onde antes era unha praia máis ou menos de suave pendente, no tramo denominado praia do Forte.
Evidentemente, a area que desaparece dun tramo vaise deporsitar noutra zona, ben no mesmo leito do río, formando parte dos característicos bancos de area, ou ben, indo a parar á mesma marxe, metros máis arriba ou metros máis abaixo, ou ben indo a beira oposta. O río, pois, actúa coma se se tratara dun sistema vivo e por iso, dende ANABAM, sempre nos opoñemos a extracción de area se non se levan a cabo antes estudos integrais, que garanten que non se producirá ningún dano no entorno, ademais de sinalar onde e cando se pode proceder á extracción dos áridos.
Imaxe: ANABAM.





PB/ANABAM

No hay comentarios: